Mis amigas/os de la asociación Enseñería sen Fronteiras organiza unas jornadas para explicar las actividades que realizan. Aquí tenéis la nota de prensa
Xornada de Presentación das actividades de ESF en Santiago de Compostela (12/11/2007)
O mércores 14 de Novembro ás 19 horas na aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) no Campus Sur Compostelán terá lugar unha xornada de presentación da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras (ESF). Baixo o lema Apetéceche facer algo máis que estudar? os membros da ONGD intentarán convidar a todos aqueles que alí se acheguen a colaborar nas distintas actividades que actualmente está a desenvolver ESF no campus compostelán. Ademáis, Cristina Zolle, coordinadora do grupo de desenvolvemento rural, presentará un novo proxecto en Nicaragua, baixo a denominación de ?Apoio a productores para a realización de boas prácticas agrosilvopastorais e reducción de áreas degradadas en 4 comunidades da parte alta da subcunca do Río Viejo?. O proxecto, que involucra a catro alcaldías e afecta directamente a 60 familias do departamento de Jinotega, no Norte de Nicaragua, céntrase en protexer e recuperar as zonas na parte alta da subcunca do Río Viejo.
Este é o cartaz de presentación[PDF, 153Kb]. Se estas interesado en máis información podes escribir a patricia.iglesias (arroba) isf.es.